Tijd:

Communicatie
Public account
  PRO Zone
1330 credits
Credits kopen
Je bent op een publieke account. Als je het spel wil spelen of wil meedoen met de discussie moet je inloggen. Als je een nieuwe gebruiker bent, moet je je eerst registreren.

 Persberichten

2 457 392 386
Land: Competitie:

Spanje C.A.D. Trisquel† - Estado da tempada.

Atopámonos hoxe reunidos na sala de prensa do Pavillón Municipal para comunicarlle os nosos seareiros a nova de que a sección profesional de hóckey poderá seguir existindo. Tras unha longa tempada, na que o clube decidiu dar unta cara a profesionalidade dende as nosas categorías amateurs, podemos indicar que o plantel está pechado de forma definitiva. Da mesma forma temos que indicar que o noso equipo xogará os play-off desta tempada. Agardamos ter sorte nos enfrontamentos, e desexámoslle sorte os nosos rivais.

Logo da consecución da salvación, e co premio que son os play-off para un clube humilde coma o noso, indicamos que estase a traballar na planificación da vindeira tempada. Seguiremos unha política de contratacións baseadas na canteira e nas contratacións de rapaces nados na nosa rexión. Un claro exemplo desta política témola no capitán da sección de hóckey, Antonio Alberti, e no capitán da recente sección profesional de fútbol, Silvio Pascual, ambos rapaces mozos que levan anos formándose nas categorías inferiores e son da nosa cidade natal. Tamén seguiremos a educar e intentar darlles unha profesión os nosos rapaces para que poidan ter unha saída trala súa carreira deportiva.

Agardamos que o clube teña unha longa etapa de éxitos e que os nosos seareiros poidan seguir tendo ledicias grazas a nós.



Unieke bezoekers: 10
Rating persbericht: Zwak - Normaal - Uitstekend